Benvid@s

Nestes tempos no que as novas tecnoloxías forman parte da nosa vida cotiá, presentamosvos a páxina web do Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Brión.

Presentamos esta web esperando que vos agrade e que nela atopedes un lugar onde poder coñecernos e poder contactar connosco. Por outra parte a espectacular dimensión que está alcanzando internet proporcionanos a ferramenta idónea para que os servizos que proporcionamos vaian cumplindo con todolos veciños e veciñas de Brión.

17 jul 2019

Ocorreu ás 9:30 horas de hoxe na DP-1105, en Tállara, ao paso polo concello coruñés de Lousame

Os Bombeiros de Boiro e os membros do GES de Brión foron os encargados de sufocar un incendio provocado pola saída de vía dun camión que caeu por un terraplén e acabou nun regato. Ocorreu ás 9:30 horas de hoxe na DP-1105, en Tállara, ao paso polo concello coruñés de Lousame, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para informar do suceso.
Malia á situación na que quedou o vehículo, completamente calcinado, o condutor estaba liberado e accesible e foi evacuado polos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital Clínico de Santiago consciente.
Pola súa banda, os servizos de extinción traballaron para apagar o lume que afectou algo á contorna e devorou o camión. Tamén foi necesaria a instalación de barreiras de contención no regato de Tállara para frear o derrame de combustible procedente do depósito do vehículo e tivo que intervir un equipo de limpeza e mantemento da Deputación da Coruña debido aos danos provocados na vía a causa da caída do camión.
Igualmente, o operativo completouse cos axentes da Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil de Lousame, efectivos do servizo local de emerxencias de Boiro e o persoal do distrito forestal da zona.

5 jul 2018

Xunta, Fegamp y diputaciones trabajan en la definición del nuevo modelo de los Grupos de Emergencia Supramunicipales

La Xunta, la Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) y las cuatro diputaciones gallegas siguen trabajando en la definición del nuevo modelo de los Grupos de Emergencia Supramunicipales (GES).

Según ha informado el Gobierno gallego en un comunicado, una comisión de seguimiento de estos grupos ha sido celebrada este miércoles y ha tenido como principal objetivo seguir avanzando en el desarrollo del nuevo modelo, que se comenzará a aplicar el próximo año, tras la financiación del vigente convenio de GES este diciembre.

En el encuentro han participado la directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, y el director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor. De igual modo, en la comisión se ha acordado la celebración de reuniones entre la Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), las diputaciones y los ayuntamientos con GES.

El propósito de las reuniones es desarrollar una propuesta de financiación y delimitación de las funciones de estos equipos. Posteriormente, la propuesta se entregará a la comisión para su aprobación final. Dicha comisión estará compuesta por representantes de Fegamp, las diputaciones y la Xunta.

Uno de los objetivos establecidos del nuevo modelo es la redefinición de las funciones y los medios de estos grupos. Con ello, buscan conseguir una atención más efectiva de las emergencias, aunque sin olvidar su labor de prevención.

Asimismo, pretenden que la financiación de GES sea menos condicionada, para que de este modo estos equipos no dependan tanto de los fondos conjuntos y finalistas que los obliguen a realizar determinadas tareas. A este respecto, la Xunta intentó mejorar su financiamiento, a través de una dotación de un millón de euros con fondo propio para el año 2018.

25 jun 2018

Catro feridos leves tras envorcar un turismo no Milladoiro

O accidente produciuse no cruzamento da avenida Rosalía de Castro ca rúa da Cruxa.

Catro mozos resultaron feridos leves hoxe domingo, tras envorcar o seu turismo (un Toyota Corolla negro) esta mañá no Milladoiro (Ames), ás 08.00 horas e no cruzamento da avenida Rosalía de Castro ca rúa da Cruxa.
Os feridos foron trasladados polo 061, segundo Protección Civil de Ames, que desprazou ata o lugar a catro voluntarios. Tamén acudiron o GES de Brión, Garda Civil do Milladoiro e a Policía Local de Ames.